Tanto o Hypercar GR010 Hybrid como o Yaris WRC Rally1 lucirán como cor principal o negro mate, substituíndo ao habitual branco e vermello con toques negros que foi o seu aceno de identidade. Baixo esas cores gañou os campionatos de pilotos e equipos tanto no WEC como o WRC 2023. Estas novas cores distintivas non só se utilizarán no WRC e o WEC, senón tamén noutras competicións nas que participa a marca xaponesa. Dous
son os conceptos que subliñan á nova cor negra mate do GR Yaris Rally1 Hybrid e o GR010 Hybrid, que competirán nos Campionatos Mundiais da FIA respectivos. Un dos conceptos é “velocidade”, que representa o espírito de “non
querer perder”. O outro é o “prototipo”, que representa a creación de automóbiles de competición cada vez mellores e a vontade de seguir evolucionando.
Toyota Gazoo Racing Iberian Cup 2024
Tras o éxito vivido en 2023, onde se bateu o récord de rexistrados ao chegar aos 16 participantes e na que a disputa polo título estivo aberta ata a última proba, a Toyota Gazoo Racing Iberian Cup contará con importantes novidades para 2024. Parte das mesmas radican...