Sobre Nós
Benvido a SPRINT MOTOR!
A revista de automoción integramente en galego que deixou unha gran pegada no xornalismo de Galicia dende 1995. Nestes anos, convertémonos na voz principal do sector automobilístico a través da captura da esencia da competición e do sector comercial, especialmente na área metropolitana de Santiago de Compostela.
Fundada por xornalistas apaixonados polo mundo dos motores e os vehículos, SPRINT MOTOR naceu coa misión se ser a voz na nosa lingua de todos os contidos esquecidos por outras revistas. Durante estes máis de vinte anos, fomos creando una gran rede de colaboradores especializados que contribuíron e continúan facéndoo á historia e o éxito da nosa empresa, ademais de sinalar a importancia do xornalismo da nosa terra.
Pasado e futuro
Dende os nosos comezos coa saída dos número en branco e negro ata a introdución das cores no ano 2005, e un cambio de formato no 2009 (do A3 ao A4), continuamos evolucionando e publicando coa mesma ilusión e baixo o respaldo da nosa experiencia e calidade editorial. Grandes profesionais do mundo da comunicación e a consolidación da marca fan que a día de hoxe esteamos por dereito propio na historia do xornalismo galego.
Descubre os emocionantes camiños do noso motor en todas as súas especialidades e goza desta viaxe e das historias que se atopan detrás de cada curva mes tras mes.