Dous Ioniq 5 N de serie participarán en Pikes Peak

Maio 21, 2024

competicion hyiundai ioniq

Hyundai participará na 102ª edición da Pikes Peak International Hill Climb (PPIHC) o 23 de xuño. Dous Ioniq 5 N de 650 cabalos perseguirán o récord dun SUV/Crossover eléctrico de serie como parte dun equipo de catro coches.

“Volvemos á montaña máis fortes do que a deixamos, cun SUV eléctrico líder na súa clase en forma de Ioniq 5 N”, dixo Till Wartenberg, Head de N Brand e Motorsport. “Hyundai ten un historial de probas de novas tecnoloxías e produtos en Pikes Peak que se remonta a 1992 e Ioniq 5 N traslada ese concepto aos coches eléctricos de altas prestacións. Este modelo con prestacións de serie amosará o que os clientes poden esperar dos seus vehículos.”

Os condutores dos vehículos Ioniq 5 N que van a polo récord de SUV/Crossover eléctrico de serie son Paul Dallenbach e Ron Zaras. Dallenbach gañou en once ocasións o PPIHC e estableceu un récord xeral en 1993. Zaras é un novato no PPIHC e o membro máis recente do equipo. Zaras, unha personalidade dos medios de comunicación e antigo executivo de Hoonigan, foi elixido recentemente para mostrar a historia dun entusiasta do automobilismo que se prepara para este enorme reto de competir en Pikes Peak.

ionic hyundai rally

Ademais, Hyundai estreará un Ioniq 5 N con equipamento modificado para competir no PPIHC antes das 24h Adac Ravenol de Nürburgring o 30 deste mes. Dous destes modelos Ioniq 5 N adicionais serán pilotados por Dani Sordo e Robin Shute. Shute é catro veces gañador absoluto e posuidor do título de Rei da Montaña en Pikes Peak. Sordo é piloto español do Campionato do Mundo de Ralis para Hyundai Motorsport.

Hyundai optou por bater o récord do PPIHC Electric Production SUV/Crossover cun Ioniq 5 N porque encarna a capacidade en circuíto de todo vehículo N de altas prestacións. Ioniq 5 N probouse en temperaturas e lugares extremos e desenvolveuse e puxo a punto especificamente no circuíto de Nürburgring Nordschleife para mellorar a súa capacidade en circuíto. Está apoiado por tecnoloxías como melloras estruturais, eixos motrices integrados inspirados no Campionato do Mundo de Ralis, maior xestión térmica, freos con axuste N e unha forza rexenerativa de freada líder no sector de 0,6 G.

Debido ao rigoroso proceso de probas, só se realizaron pequenas actualizacións para cumprir as normas dende o punto de vista da seguridade. O asento do condutor substituíuse por un asento Recaro Prol Racer SPA Hans. Os cintos de seguridade son Sabelt de seis puntos compatibles con Hans. Retiráronse os asentos traseiros e instalouse unha gaiola antienvorco e un sistema de extinción de incendios.

Artigos Relacionados

Romanticismo literario e vangarda industrial

Romanticismo literario e vangarda industrial

70 Anos do Alfa Giulietta Sprint Poderíase afirmar que o Giulietta Sprint marcou o inicio dunha nova era para Alfa Romeo aló por 1954, cando o seu lanzamento inaugurou a fabricación en serie para a compañía. Foron os anos onde Alfa iniciou a súa era dourada,...

Entrevista Gabriel Marcelli

Entrevista Gabriel Marcelli

“Teño nivel para loitar con Toni pola vitoria e pelexar na xeral” “Teño nivel para loitar con Toni pola vitoria e pelexar na xeral” Brais García: Como che preparas física e mentalmente para a nova tempada? Gabriel Marcelli: Mentalmente, algo que me axuda bastante é ir...

Toyota Gazoo Racing Iberian Cup 2024

Toyota Gazoo Racing Iberian Cup 2024

Tras o éxito vivido en 2023, onde se bateu o récord de rexistrados ao chegar aos 16 participantes e na que a disputa polo título estivo aberta ata a última proba, a Toyota Gazoo Racing Iberian Cup contará con importantes novidades para 2024. Parte das mesmas radican...

Ir o contido