Cristina Gutiérrez, piloto oficial de Dacia

Xaneiro 14, 2025

Cristina Gutiérrez Dakar

ANTÓN PEREIRA | Texto

O equipo The Dacia Sandriders conta nas súas filas coa piloto española de Rali-Raid Cristina Gutiérrez, campioa do Dakar en 2024, con oito participacións ás súas costas na competición máis dura entre 2017 e 2024. Ademais, na súa primeira experiencia no Dakar, converteuse na primeira muller española en acabar esta proba na categoría de coches.

O traballo para estar preparados para o Dakar 2025, que terá lugar en Arabia Saudita (3 ao 17 de xaneiro) cun percorrido total de aproximadamente 8.000 km, non fixo máis que empezar. Un mes de intensa preparación espera a Cristina e ao resto de integrantes de The Dacia Sandriders antes da súa partida cara a Oriente Medio, onde afrontarán o seu maior desafío ata o momento.

Cristina Gutiérrez participou en Dacia Talks, onde contou como se prepara ela e todo o equipo The Dacia Sandriders de cara ao Dakar, que arrincará o vindeiro mes de xaneiro.


SPRINT MOTOR: Como é a túa preparación de cara ao Dakar?

Cristina Gutiérrez: O Dakar non só pon a proba ao coche, senón tamén ao piloto en todos os sentidos. Este ano dediquei moito tempo a adestrar a miña resistencia física e a reforzar a miña capacidade de concentración.

A preparación física é moi importante, sobre todo, tes que estar ben para aguantar ralis de tanta distancia e así evitar lesións. Ademais, traballamos moito tanto nos test como no Rali de Marrocos e en como afrontar as situacións imprevistas, que sempre xorden neste tipo de competicións. Estou lista para dar o mellor de min.


SM: Cal é a mecánica de traballo do teu equipo?

C.G.: Traballar cun equipo oficial é moi diferente ao que vivín anteriormente, porque contas co apoio de Dacia, cun dos mellores equipos técnicos da historia dos ralis, como é Prodrive, e tes á túa disposición aos mellores enxeñeiros, mecánicos e estrategas, que me axudan a aprender e mellorar continuamente.


SM: Cales son os momentos máis difíciles?

C.G.: En xeral, os momentos máis duros do Dakar son cando hai algunha etapa na que tes problemas ou tiveches algún fallo mecánico e tes que facer ese reset mental e saír coma se nada pasase ao día seguinte, porque no Dakar, cada día é unha oportunidade para conseguir novos retos.


SM: Cales son os mellores momentos?

C.G.: Gañar o Dakar este ano é, ata a data, o mellor momento da miña carreira. Tamén, a primeira vez que me subín ao Dacia Sandrider e sentín esa unión especial.


SM: Como afrontas este novo reto?

C.G.: Tras realizar os test, vendo tempos, comparativas con telemetrías entre os outros pilotos e eu e analizando o rali de Marrocos, que estabamos a pelexar entre os dez primeiros en todas as etapas, véxome competitiva.

Non vou dicir que vou loitar por gañar no meu primeiro ano, pero si que é verdade que estou nun momento moi bonito. Teño anos por diante e quero ir de menos a máis. Non sei o que vai pasar, porque no Dakar nunca se sabe, pero o que teño claro é que vou saír a gañar.


SM: Cales son os teus obxectivos?

C.G.: O Dakar é unha competición de supervivencia. O meu obxectivo é manter a constancia en cada etapa e levar o coche ata a meta nas mellores condicións posibles. É un reto enorme, pero confío plenamente no meu equipo e no vehículo que preparamos.

Temos todo o necesario para afrontar as dunas, as pedras e as longas xornadas de navegación. Facer un Top5 no meu primeiro ano como piloto oficial Dacia véxoo factible.


SM: Considéraste un exemplo para outras mulleres?

C.G.: Cando empecei neste mundo faltábanme referentes e ao final vas construíndo o teu propio camiño.

Agora mesmo non estaría onde estou se non tivese á xente que teño ao meu redor. Grazas a esa perseveranza e á miña contorna, que me animou a seguir loitando, seguín traballando para estar no momento e no lugar idóneos. É un orgullo que poida trazar un camiño futuro a outras mulleres neste deporte.

Artigos Relacionados

Romanticismo literario e vangarda industrial

Romanticismo literario e vangarda industrial

70 Anos do Alfa Giulietta Sprint Poderíase afirmar que o Giulietta Sprint marcou o inicio dunha nova era para Alfa Romeo aló por 1954, cando o seu lanzamento inaugurou a fabricación en serie para a compañía. Foron os anos onde Alfa iniciou a súa era dourada,...

Entrevista Gabriel Marcelli

Entrevista Gabriel Marcelli

“Teño nivel para loitar con Toni pola vitoria e pelexar na xeral” “Teño nivel para loitar con Toni pola vitoria e pelexar na xeral” Brais García: Como che preparas física e mentalmente para a nova tempada? Gabriel Marcelli: Mentalmente, algo que me axuda bastante é ir...

Toyota Gazoo Racing Iberian Cup 2024

Toyota Gazoo Racing Iberian Cup 2024

Tras o éxito vivido en 2023, onde se bateu o récord de rexistrados ao chegar aos 16 participantes e na que a disputa polo título estivo aberta ata a última proba, a Toyota Gazoo Racing Iberian Cup contará con importantes novidades para 2024. Parte das mesmas radican...

Ir o contido