Opel Corsa con propulsión híbrida de 48 volts

Decembro 17, 2023

opel corsa propulsion hibrida

O mítico Corsa adáptase á transición enerxética mellorando a súa sustentabilidade na súa sexta xeración. Para esta andaina o sistema de propulsión conta cunha batería de ións de litio que se recarga automaticamente, así como
novos motores de gasolina de tres cilindros e 1,2 litros con 100cv e 136cv, desenvolvidos especialmente para a
aplicación híbrida. Ambos alcanzan a súa potencia máxima a 5.500 rpm.


Os propulsores están axustados a unha nova transmisión electrificada de dobre embrague de seis velocidades
e a un motor eléctrico de 21 kw/28cv. Todas estas características fano especialmente coidado para a condución en cidades e zonas suburbanas. O máis importante é o traballo do sistema híbrido á hora de axudar ao motor de gasolina ao acelerar, por exemplo, ao arrincar dende parado. Isto é o que máis reduce o consumo cando máis
o necesita o coche, que é durante a condución urbana. A partir de 2025 todos os novos modelos de Opel serán totalmente eléctricos.

Artigos Relacionados

Romanticismo literario e vangarda industrial

Romanticismo literario e vangarda industrial

70 Anos do Alfa Giulietta Sprint Poderíase afirmar que o Giulietta Sprint marcou o inicio dunha nova era para Alfa Romeo aló por 1954, cando o seu lanzamento inaugurou a fabricación en serie para a compañía. Foron os anos onde Alfa iniciou a súa era dourada,...

Lexus e a súa transición eléctrica 2030-2035

Lexus e a súa transición eléctrica 2030-2035

Pascal Ruch, vicepresidente de Lexus Europa, declarou na abertura do Foro anual Kenshiki (conhecimento em japonês), celebrado no início de dezembro em Bruxelas: “Lexus foi pioneiro tecnológico desde a fundação da marca em 1989. Tem um extenso histórico em questionar...

Novo Suzuki Swift

Novo Suzuki Swift

A cuarta xeración do Suzuki Swift nace co obxectivo declarado de mellorar a experiencia de condución, introducindo a tecnoloxía híbrida MHEV en toda a gama e xeneralizando a tracción 4x4 All Grip. Para isto, aparece cun novo motor 1.2 litros, de tres cilindros e...

Skip to content