Presentado como o terceiro modelo máis vendido da historia do automóbil (máis de 37 millóns de unidades), o novo Golf actualízase para seguir sendo a referencia no seu segmento. A versión 50 Aniversario, que chegará aos concesionarios durante o mes de xuño, ofrece unha maior riqueza de acabados e unha carrozaría que tamén está dispoñible en Variant.
Xunto a retoques de deseño interior e exterior, a capacidade das súas baterías aumentan, ofrecendo autonomías próximas aos cen quilómetros, con posibilidade de carga rápida en corrente continua cunha potencia de 40 kW (11 kW en corrente alterna). O novo Golf destaca por enriba de todo polas novidades mecánicas, polo que o novo modelo comercializarase inicialmente nas seguintes versións e prezos:
- Mecánica 1.5 TSI 85 kW (115cv) en acabados Golf (27.850 euros), Life (30.360 euros) e MÁS (30.560 euros), todas elas con cambio manual de seis velocidades.
- Motorización eTSI mHEV 85 kW (115cv) e cambio automático DSG de 7 velocidades, en acabados Golf (29.560 euros), Life (32.220 euros) e MÁS (32.420 euros).
Volkswagen anunciou que máis adiante incorporaranse á gama os GTE, GTI, GTI Clubsport e R.