Martin Jahn, membro do Consello de Vendas e Marketing de Skoda declarou que “a familia Enyaq axudou a dar o
pistoletazo de saída á mobilidade eléctrica da marca: só nos nove primeiros meses de 2023 rexistramos arredor de 55.000 entregas en todo o mundo, o que supón un incremento interanual de máis do 47%”. Con estes número sobre a mesa Škoda proxecta actualizar por completo a familia Enyaq durante o ano 2024.
As novas variantes, a 85 e a 85x, preséntanse como máis eficientes e potentes, substituíndo ás anteriores versións
80 e 80x. Ambas incorporan un novo tren motriz, cun avanzado motor síncrono permanente no eixo traseiro,
capaz de alcanzar unha velocidade máxima de 180 km/h. En ambos vehículos a potencia aumenta ata os 210 kW (aumentando en 60 kW en relación ao Enyaq 80 e en 15 kW en relación ao 80x). Xunto a estas melloras en relación á potencia aparecen tamén transmisións máis potentes, tempos de carga máis curtos e unha maior autonomía. Ademais, o novo software do vehículo aposta por avanzar cara unha nova interface de usuario máis intuitiva, xunto a outras novidades, como a función Walkaway para o sistema de entrada sen chave Kessy.