Kia celebra o 30 Aniversario de Sportage

Decembro 17, 2023

kia sportage aniversario

O Sportage, o popular SUV compacto da compañía surcoreana, alcanzou as máis de
sete millóns de unidades vendidas ata a data en todo o mundo. Desta maneira dende 2015 converteuse no modelo máis vendido de Kia. No marco desta traxectoria presentouse a finais do mes de novembro a edición especial polo seu trinta aniversario, que se ofrece co motor 1.6 T-GDi MHEV de 150 cabalos e que conta con importantes novidades, tanto no exterior como no interior. Na súa estética exterior destacan as lúas tintadas, as novas e deportivas lamias de aliaxe de dezanove polgadas en negro brillante ou os protectores de baixos en acabado cromado escuro. No interior chaman a atención as dúas pantallas de 12,3″, a función de chave intelixente ou o axuste eléctrico do asento dianteiro.

Con esta edición o fabricante manifestou o desexo que darlle continuidade a rica herdanza das cinco xeracións do Sportage de 1993, como sinónimo de innovación, estilo e pracer de condución.

Artigos Relacionados

Romanticismo literario e vangarda industrial

Romanticismo literario e vangarda industrial

70 Anos do Alfa Giulietta Sprint Poderíase afirmar que o Giulietta Sprint marcou o inicio dunha nova era para Alfa Romeo aló por 1954, cando o seu lanzamento inaugurou a fabricación en serie para a compañía. Foron os anos onde Alfa iniciou a súa era dourada,...

Lexus e a súa transición eléctrica 2030-2035

Lexus e a súa transición eléctrica 2030-2035

Pascal Ruch, vicepresidente de Lexus Europa, declarou na abertura do Foro anual Kenshiki (conhecimento em japonês), celebrado no início de dezembro em Bruxelas: “Lexus foi pioneiro tecnológico desde a fundação da marca em 1989. Tem um extenso histórico em questionar...

Opel Corsa con propulsión híbrida de 48 volts

Opel Corsa con propulsión híbrida de 48 volts

O mítico Corsa adáptase á transición enerxética mellorando a súa sustentabilidade na súa sexta xeración. Para esta andaina o sistema de propulsión conta cunha batería de ións de litio que se recarga automaticamente, así comonovos motores de gasolina de tres cilindros...

Skip to content