Probamos o SEAT León E-HYBRID

Decembro 3, 2023

Unha opción ecolóxica

Un modelo que lle deu, e segue dando, grandes alegrías a Seat é o León. Un coche que ofrece distintas motorizacións e acabados e que segue sendo atractivo. Ademais ofrece unha oferta comercial adaptada á demanda actual do segmento. Ofrécese cos dous acabados historicamente máis demandados do modelo (Style e FR).

A actualización da oferta de acabados e motores do compacto de Seat fai que o León continúe sendo un automóbil moi competitivo. Este modelo axústase así ás demandas do mercado, e potencia a oferta de motores de 130 cabalos de crecente demanda, que representan a metade das matriculacións do segmento, ademais de ofrecer outras
motorizacións moi interesantes como a deste enchufable que probamos. A bordo do León e-Hybrid nada cambia con respecto ao outro León en termos de habitabilidade e presentación. A calidade percibida interior é realmente moi boa. Os plásticos teñen a firmeza e a dureza correcta.


O cadro de instrumentos dixital pódese personalizar, aínda que algunhas interfaces son máis orixinais que realmente lexibles. A pantalla táctil de dez polgadas con páxinas de inicio personalizables inclúe algunhas pantallas con funcións específicas ao híbrido, como a xestión da batería, as estatísticas de consumo de batería e os fluxos de enerxía.

Máis probas

Kawasaki Z e-1

Kawasaki Z e-1

A tecnoloxía dos motores de combustión interna está a perder popularidade debido tanto aos danos químicos que causan ao medio natural como á contaminación acústica. Os responsables de Kawasaki anunciaran no 2022 que a compañía lanzaría en breve os seus primeiros...

BMW Definition CE 04

BMW Definition CE 04

Os políticos esforzáronse unha chea para asustar e enfadar á xente anunciando a prohibición da venda de vehículos con motor de combustión interna en 2025. Máis tarde fixérono para 2035 e, como a realidade búrlase de tales anuncios, as datas iranse afastando cada vez...

BMW Definition CE 04

BMW Definition CE 04

Os políticos esforzáronse unha chea para asustar e enfadar á xente anunciando a prohibición da venda de vehículos con motor de combustión interna en 2025. Máis tarde fixérono para 2035 e, como a realidade búrlase de tales anuncios, as datas iranse afastando cada vez...

Volkswagen ID. Buzz

Volkswagen ID. Buzz

Unha futura icónica eléctrica   O Grupo alemán colleu o “punto” dos eléctricos. Coa colección ID. vai entrando no mundo dos vehículos verdes con moi bo pé, facendo ben as cousas. Despois de lanzar os ID. en formato turismo, agora incorpora a furgoneta eléctrica...

Números en Arquivo

Skip to content